Redacción . 'Condeno todo tipo acto de violencia' argumenta o líder do Bloque, que reclamar 'protexer' a calquera cidadán que se queira manifestar pacificamente 'tanto a favor como en contra do galego'.
Manifestación Galicia Bilingüe.
O candidato do BNG á presidencia da Xunta amosou hoxe o seu “respecto absoluto por todas as opinións, mesmo aquelas que considere máis 'descabelladas' porque creo que é unha obriga de todo demócrata respectar todas as opinións”. Iso si, Anxo Quintana cuestionou os motivos da convocatoria de Galicia Bilingüe: “non hai ningunha causa xusta nesta vida que se poida soster sobre unha mentira e afirmar que o castelán está en perigo en Galiza. Que aqui se persegue a quen fale castelán é sinxela e claramente unha mentira”. Quintana quixo reiterar o seu “respecto absoluto cara todos os cidadáns galegos que pensen diferente ca min, e os que se queiran manifestar por unha cuestión así, pero creo que están equivocados”. “Condeno todo tipo de acto de violencia”, afirmou Quintana de xeito rotundo, ao tempo que dixo que é “contrario á esencia da democracia e todos os poderes públicos deben velar por que todo o mundo se poida manifestar en paz, os que están en contra e os que están a favor do galego. Sobre os contramanifestantes dixo “onte houbo manifestantes coa intención de facelo pacificamente, tanto a favor como en contra do galego e creo que é importante que fagamos esforzos por protexer a eses cidadáns”. Ataque a Feixóo Por último, o candidato do BNG quixo “preguntarlle ao señor Feijóo se lle merece a pena, se está satisfeito do labor feito, de fomentar o odio contra o galego e que o resultado sexa o que onte se víu, se se sinte orgulloso”, continuou, “porque supoño que despois de ter apoiado e promovido unha manifestación contra o galego, de galeguismo non volverá falar e supoño que nin a nomealo.” “O que fixo foi enterrar calquer vestixio de galeguismo no PP”, concluíu Quintana.
Descargar Tarifas