E. P . Dez persoas, pertencentes a diferentes asociacións independentistas, foron detidos pola Policía Nacional tras os enfrontamentos rexistrados durante a manifestación convocada para hoxe pola asociación Galicia Bilingüe.
As mesmas fontes indicaron que algúns dos detidos están feridos e explicaron que outro membro de Nós-UP, Carlos Morais, tivo que ser trasladado ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela para que lle fosen practicadas probas para descartar lesións polos golpes recibidos na cabeza. Así mesmo, Lopes asegurou que máis participantes nas mobilizacións que trataron de boicotear a marcha de Galicia Bilingüe teñen contusións pero rexeitaron acudir aos servizos sanitarios para non ser identificados. Simpatizantes e membros das asociacións ás que pertencen os arrestados manifestáronse esta tarde para pedir que sexan postos en liberdade. Nós-UP cifrou en 200 os participantes na marcha, que foi retida polos axentes nas inmediacións de Porta Faxeira, dende onde pretendían acceder á Praza Rodrigo de Padrón, situación da Policía Nacional.
Os antidisturbios deteñen a Carlos Moras, de NOS-UP, un dos que protestaba contra Galicia Bilingüe.
Segundo informou o responsable de Organización da agrupación Nós-Unidade Popular (Nós-UP), Bruno Lopes, unha decena de persoas permanecen arrestadas nas dependencias policiais á espera de pasar previsiblemente mañá a disposición xudicial.
Descargar Tarifas