PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Xa había sospeitas en 2005
A trama de Special Events en Galiza

Redacción .  Algúns dos detidos xa estiveran no punto de mira en 2005 polas irregularidades do grupo de empresas artellado arredor de Special Events. Esta empresa traballou para o PPdeG durante os gobernos Fraga.

Reloxo 06.02.2009 | 19:15

Desde a esquerda, José María Aznar, Manuel Fraga, Mariano Raxoi e Ana Pastor Desde a esquerda, José María Aznar, Manuel Fraga, Mariano Raxoi e Ana Pastor. Paco Vilabarros

A detención dalgúns dos seus máximos responsábeis non é o primeiro escándalo que afecta á Empresa Special Events. Xa en 2005 as presuntas irregularidades cometidas por esta empresa saltaron aos medios. Daquela, os touros cos que tiveron que lidar os seus dirixentes, vinculados ao PP, foron as acusacións de tráfico de influencias e evasión fiscal.

Pablo Crespo, presidente da compañía na actualidade, era secretario de Organización do PP de Galicia cando Special Events conseguiu un dos contratos máis importantes da súa historia: en 2001 a Xunta concedeulle un millón e medio de euros para promocionar o mercado da carne galega, fundido en plena crise das vacas tolas.

A compañía mantivo durante anos relacións comerciais deste tipo con Administracións locais, autonómicas e estatais controladas polo Partido Popular. Tamén se detectan irregularidades en servizos prestados pola compañía ao PP durante as campañas electorais autonómicas na Comunidade Valenciana, Madrid, Andalucía.

Na complicada trama que se alonga desde hai máis de dez anos, aparecen persoeiros destacados, como a familia de José María Aznar a través do seu xenro Alejandro Agag. Agora, Garzón tratará de desenredar unha trama na que se misturan a rúa Serrano (unha das máis caras de Madrid), exóticos paraísos fiscais e contas opacas. Todo iso a pouco máis de tres semanas de dúas cruciais votacións para o PP.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río