PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Viaxarán a Atlanta
Alumnos de Rois representarán a España na First League de Lego

Redacción .  Un equipo formado por dez alumnos coordinados polo profesor de Tecnoloxía do CPI Dos Dices de Rois (A Coruña) baixo o nome de 'Tecnorois', viaxarán a Atlanta para representar a España na final mundial da First League Lego. Trátase dun concurso de robótica no que a multinacional xogueteira premia os robots feitos coas súas pezas capaces de desenvolver misións.

Reloxo 05.02.2009 | 14:56

O grupo de estudantes do CPI Dos Dices de Rois, dirixido polo mestre de Tecnoloxía Javier Méndez Zunzunegui e a colaboración da profesora de Plástica, Susana Rodríguez, deseñou un robot con pezas Lego capaz de desenvolver misións. Os rapaces de Rois resultaron gañadores absolutos desta liga a nivel estatal na final que tivo lugar recentemente en Barcelona.

Esta liga é un programa internacional que combina un práctico programa interactivo de robótica cun ambiente deportivo. Na competición participan máis de 100.000 estudantes de todo o mundo e 100 equipos. A liga promove o deseño e creación de robots con pezas Lego, capaces de realizar misións. Unha segunda vertente da competición consiste na defensa dun proxecto científico. Nesta parte o equipo de Rois presentará un estudo sobre a suba do nivel do mar como consecuencia do cambio climático aplicado a Galiza.

II Liga de Debate

Paralelamente un grupo de estudantes do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela tamén resultaron premiados na II Liga Galega de Debate. O grupo de catro alumnos de 2º de Bacharelato, apoiados polo profesor de Teatro, Xabier Mouriño, discutiron sobre o papel da Administración ante o consumo de drogas.

Recoñecemento institucional
A conselleira de Educación, Laura Piñón, recibiu os dous grupos de estudantes e recoñeceu o traballo de alumnos e profesores dos dous centros educativos. A conselleira animou os mozos a materializar as súas inquedanzas en discursos e proxectos robóticos.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río