PUBLICIDADE
Domingo, 14 de marzo de 2010
Décima edición
'Xantar' abre os seus fogóns en Expourense

Redacción .  O salón galego de gastronomía e turismo, 'Xantar', inaugúrase en Expourense. No seu décimo aniversario esta feira segue a defender a calidade da despensa galega con áreas de restauración, mesas redondas e debates abertos ao público.

Reloxo 04.02.2009 | 07:15

Dende hoxe e até o domingo, Expourense acolle a décima edición de 'Xantar', o salón galego de gastronomía e turismo. Nesta edición a Arxentina asiste como país convidado cun posto propio no que se poderá degustar carne á grella, peixes, viños e sobremesas así como mercar produtos de artesanía e recibir información sobre a oferta turística deste país.

Ademais da Arxentina, participan como rexións invitadas Andalucía e Asturias, e Douro e Norte e Porto, estas últimas de Portugal. Cada unha destas rexións ofrecerá nos seus stands menús a 12 euros cos produtos e pratos máis típicos da súa zona, feitos con produtos de denominación de orixe e indicacións xeográficas protexidas, oferta á que se suman os 18 restaurantes galegos.

O público que asista a esta cita poderá participar en degustacións, obradoiros gastronómicos, debates e mercar todo tipo de produtos típicos das rexións participantes.

IV Encontro sobre Dieta e Saúde

O programa deste salón gastronómico contempla a celebración do 'IV Encontro sobre Dieta e Saúde', un foro que ten como obxectivo principal a defensa dos beneficios da Dieta Atlántica a un e outro lado do océano. Nesta reunión participarán distintos expertos en nutrición, cociñeiros, médicos, críticos e xornalistas que participarán en charlas, mesas redondas e debates sobre a Dieta Atlántica, e distintos aspectos da alimentación e seguridade alimentaria.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río