PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
MÁIS SOFTWARE LIBRE E BANDA LARGA EN 2013
O BNG busca facerse con toda a política TIC da Xunta

Manuel Vilas Duplicáronse iniciativas entre consellerías, admite o programa electoral do Bloque no capítulo sobre Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Para solucionalo, os nacionalistas propoñen que un 'único órgano', previsibelmente Industria, controle toda a política tecnolóxica do Goberno Galego.

Reloxo 03.02.2009 | 07:25

O conselleiro de Industria Fernando Blanco O conselleiro de Industria Fernando Blanco. Manuel Vilas

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Banda larga, software libre e máis coordinación entre consellerías. Estas son as claves da programa electoral do Bloque Nacionalista Galego no eido das tecnoloxías da información e as comunicacións (TICs).

“Desperdicia sinerxias”

A propia proposta nacionalista admite que nestes catro anos a política tecnolóxica da Xunta, competencia da Consellería de Industria, estivo lastrada pola falta de coordinación cos departamentos socialistas. Por iso reclama xuntar todas as competencias nun único departamento, previsiblemente a citada consellería.

“Estas competencias, na actualidade fican en tres consellerías diferentes, esta situación por veces duplica iniciativas, réstalles impulso ás diferentes actuacións e desperdicia as sinerxías”, recoñece o Bloque no programa.

Un exemplo desta falta de coordinación foi o caso dos dous tradutores automáticos ao inglés. Un deles está a ser creado por unha firma catalá cos cartos da secretaría xeral de Política Lingüística (PSdeG) mentres que Industria (BNG) subvencionou outro presentado pola galega Imaxin.

Banda larga no rural no 2013

Outra das eivas das TIC en Galiza é a banda larga no rural. O plan do Estado para levar o ADSL –subvencionando as liñas de Telefónica– non deu bos resultados e Industria xa prepara unha alternativa propia, a través de redes públicas sen fíos. No programa establecese 2013 como data de “plena cobertura da poboación (...) en banda larga comercial”.

Para conseguilo, o BNG quere que a Xunta aprobe un “plan director de construción de infraestruturas de banda larga” e coordinar o traballo cos municipios.

SEGUE A APOSTAR POLO LABOR DE MANCOMUN.ORG
O BNG promete regular os estándares abertos na Xunta
Un dos estandartes da que enarbora o Bloque da súa xestión tecnolóxica é a aposta polo software libre. O programa compromete afondar nesta liña a través dunha interesante iniciativa, regular por lei os estándares abertos que deben usar as ferramentas informáticas dos empregados públicos.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Así, o documento recolle a promesa de “tramitar, nos dous primeiros anos de lexislatura, un decreto de uso dos estándares abertos na administración”.

No mesmo camiño, os nacionalistas prometen “seguir apoiando e potenciando” a difusión das aplicacións abertas entre empresas, mocidade e particulares a través de Mancomun.org.

Web 2.0. en galego

O galego é outro dos eixos da estratexia do BNG na internet. Así o programa prevé “utilizar as TIC como medio para fortalecer o uso da nosa lingua”. En particular sinala a necesidade de “potenciar as redes sociais de comunicación a través da Internet" e cita especificamente “novas fórmulas e espazos de creación a través da Internet (webs de deseño gráfico, blogues de creación literaria…)”.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río