M. V . Google acaba de incorporar o galego a súa ferramenta de tradución en liña. Con todo, os resultados do novo tradutor non son de gran calidade. Resultan menos fiábeis dos que proporcionan os portais que levan anos empregando o motor de software libre Opentrad.
Así, no Google Translate xa se pode traducir textos e páxinas web dende galego a, por exemplo, castelán, francés ou mesmo ao chinés. O programa tamén permite a traducción inversa, dende calquera dos idiomas citados á lingua propia do país. Iso si, a calidade dos resultados non é optima. No caso das traducións automáticas de castelán a galego, son frecuentes erros como ausencia de contracións e verbos mal conxugados. Mellores resultados con Opentrad Os tradutores en liña máis fiábeis seguen a ser os que empregan a tecnoloxía pública de Opentrad-Apertium, na que colaborou a Universidade de Vigo e a firma compostelá Imaxin Software. Entre os que traballan co galego e con esta tecnoloxía están o da Universidade de Vigo, o de Traducíndote e o de Imaxin. Coa incorporación do galego, o euskera convértese na única lingua oficial no Estado que non está incluída no Google Translate.
Especial das eleccións de ANT, traducido ao chinés polo Google Translate
Descargar Tarifas