PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
A QUINCE DÍAS DAS ELECCIÓNS
Protesta de 'Galiza non se vende' o 15F en Santiago

M. V Convocada por 57 colectivos ecoloxistas como a FEG, Verdegaia ou Luita Verde; a manifestación denunciará, entre outras 'desfeitas', a destrución da costa e as plantacións masivas de eucaliptos.

Reloxo 29.01.2009 | 16:37

Lectura do manifesto de 'Galiza non se Vende' en febreiro de 2008 en Compostela. Flickr:xensboy

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

'Galiza non se vende', colectivo no que participan até 57 organizacións ecoloxistas e veciñais, convoca unha manifestación para o 15 de Febreiro en Santiago. Unha protesta que terá impacto na campaña electoral, que comeza precisamente nesas datas.

Dez mil persoas hai un ano

Cómpre lembrar que, malia carecer do apoio de ningún dos tres principais partidos políticos ou sindicatos do país, 'Galiza non se vende' foi quen de congregar a unhas dez mil persoas en febreiro de 2008.

Organizacións que convocan

Desta volta, os motivos da convocatoria son, entre outros, protestar contra “a marbellización do litoral, a eucaliptización, a destrucción da paisaxe e o nulo respecto polas figuras de protección ambiental”. Entre os grupos convocantes están Verdegaia, Luita Verde, Erva, Redes Escarlata, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Amarante, Amigos da Terra ou a Federación Ecoloxista Galega.

A protesta sairá as 12 horas dende a Alameda da capital de Galiza. O lema será de novo 'Goberne quen goberne, Galiza non se Vende'.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río