María Obelleiro . Os máis pequenos xa poden compartir as vacacións coa familia máis célebre da literatura infantil.
Coches que transportan contos, libros que triscan, historias que nadan, crebacabezas, relatos agochados tras as portas, páxinas que se desmontan, texturas, formas... O universo dos Bolechas, creado por Pepe Carreiro e editado por A Nosa Terra, é cada vez maior. Os novos contos convertidos en xoguetes da editorial A Nosa Terra están dirixidos á franxa de idade que vai dos 0 aos 4 anos. Estes libros disfrazados de xogo veñen cubrir un oco de mercado no que practicamente non existía o galego. Libros para xogar Desta vez, os personaxes creados por Pepe Carreiro adoptan multitude de formas e vístense con orixinais materiais para que os nenos comecen a diferenciar as figuras. Coa colección adicada aos cativos, aprender o nome das crías dos animais, os sons que emiten, saber que tempo vai e aprender o nome da roupa e das tendas resulta divertido. Entre goma-escuma, libros somerxíbeis, e diferentes texturas, tamén saberán da importancia da hixiene e da reciclaxe. Os Bolechas fan máis doado ensinarlles os números, as cores e as figuras xeométricas.
Libros para a bañeira
1 / 3
Ademais de inicialos na lingua e na lectura, os materiais das novidades que os Bolechas traen para os máis cativos tamén os introducen na psicomotricidade. Os máis pequechos da familia xa poden aprender da man dos Bolechas.
Descargar Tarifas