Redacción . A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, dependente da Consellaría de Innovación e Industria, rexistrou cerca de 900 solicitudes para a oferta formativa en liña do 'Plan de Teleformación' nunha semana.
A oferta deste 'Plan de Teleformación' dispón dun catálogo de obradoiros TIC de entre 5 e 7 horas de duración de carácter online que contan con materiais didácticos e o asesoramento dun grupo de titores e a posibilidade de facer os cursos no momento que cada interesado queira. En total este programa de teleformación inclúe 18 obradoiros diferentes entre os que se atopan 'Aspectos legais nas novas tecnoloxías', 'Navegación segura na internet', 'Opera co teu banco ou caixa a través de internet', 'Internet para persoas maiores' ou 'Recursos na internet para inmigrantes'.
Skype, telefonía por internet
Descargar Tarifas