PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
BLOG JAVI VAZQUEZ
Javi
Vázquez
Emprendedor en TIC
Espazos para o debate ou novas canles de propaganda?
As TVs dos candidatos á Xunta
touriño.tv, quin.tv, feijoo.tv... Os tres candidatos sumáronse á febre multimedia da Rede, seguindo a tendencia xeral de darlle cada vez máis peso ao vídeo fronte ao texto, evolucionando os blogs de sempre cara a vídeo-blogs ou, como nestes casos, incluso directamente cara 'TVs dixitais'.
 26.01.2009 | 12:50

Xa que todas as .tvs recollen mellor ou peor a actividade política dos candidatos, a modo de arquivo ou log dixital, o obxectivo deste post é reflectir as diferenzas nas formas de comunicación cos cidadáns, como continuación ao anterior Poderemos facerlles preguntas aos candidatos á Xunta?.

Mentres Touriño responde por vídeo en touriño.tv a preguntas feitas e filmadas na rúa, supoño que a persoas anónimas; quin.tv inclúe unha sección onde os internautas soben vídeos coas súas preguntas, as cales contesta Quintana co mesmo formato, vídeo en primeira persoa. A última, feijoo.tv, por contra, non dá opción a máis preguntas ca ás enviadas a través dun formulario de contacto.

A diferenza da internet con respecto á TV, programas “Tengo una pregunta para Usted” á marxe, é que o primeiro permite construír espazos de debate e interacción. No caso da política, dos gobernantes ou candidatos cos cidadáns. A TV é comunicación nun so sentido, mentres que a Rede é un lugar para a conversa entre iguais.

quin.tv aproveita, polo menos parcialmente, esta posibilidade ao permitir a conversa directa cos cidadáns. touriño.tv válese de "intermediarios" –reporteiros–, co único punto a favor de permitir a participación de xente sen a destreza para gravar un vídeo (algo por outro lado trivial a día de hoxe), perdendo credibilidade polo filtro. feijoo.tv leva a TV á internet  sen entender nin tirar proveito desta última, replicando un modelo televisivo de comunicación unidireccional.

En resumo, quin.tv, espazo web deseñado e xestionado por profesionais galegos, pasaría a proba do algodón. touriño.tv xeraría dúbidas de autenticidade, e feijoo.tv suspendería estrepitosamente na materia de escoitar.

Con todo, a utilización dos cidadáns dos canais habilitados polos candidatos para escoitar é ridiculamente baixa: quin.tv, 13 vídeos de cidadáns en dous meses e medio. Estamos a darlle a razón aos que non escoitan na Rede? ¿Estamos a desaproveitar a ocasión de conversar cos que van xestionar o ben común os próximos catro anos?

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río