
Impacto dun artefacto nun edificio de Gaza
Non condenou o terrorismo o presidente Bush, moito polo contrario, o goberno norteamericano bloqueou, por enésima vez, a tímida resolución da ONU:
Telesur, 8-1-09: “Coa abstención dos EEUU, o Consello de Seguridade pide un alto ao fogo”.
http://www.telesurtv.net/noticias/secciones/nota/40029-NN/con-la-abstencion-de-eeuu-consejo-de-seguridad-pide-un-alto-el-fuego-en-gaza/
Tampouco escoitei as condenas do novo presidente, o Sr. Obama, mutis até agora.
http://www.anosaterra.org/media/media0000010743.pdf
As autoridades e as institucións europeas non só non condenaron senón que, de mediar un xuízo neutro, con bos avogados e xuíces deses que temos por aquí, cualificarían a súa postura de apoio ao terrorismo: El País 3-1-09: “Bruxelas elude condenar Israel e considera “defensiva” súa ofensiva sobre Gaza”.
http://www.elpais.com/articulo/internacional/Bruselas/elude/condenar/Israel/considera/defensiva/ofensiva/Gaza/elpepuint/20090103elpepuint_11/Tes
Non se mancharon moito coa condena do terrorismo de estado o PSOE e o PP, que digamos: Europasur, 29-12-08: “PSOE e PP esixen a Israel que cese o seu “desproporcionado” ataque sobre Gaza.
Cal sería a cifra de palestinos mortos adecuada á “proporcionalidade” socialista e popular? 500 mortos, 200, 100? En lugar dos 400 nenos e nenas asasinados polos israelitas só neste par de semanas, cal sería o límite aceptábel?
La Nación, 4-1-09: “O Comité da ONU para os dereitos dos nenos denunciou “os efectos devastadores dos combates de Gaza sobre os cativos. O Fundo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) informou de que alomenos 275 nenos e 85 mulleres morreran vítimas dos ataques de Israel”. Infelizmente, esa cifra duplicouse xa, uns días despois.
http://www.lanacion.com.py/noticias-224140.htm
Tardou bastante o presidente español en cualificar, el tamén, de “desproporcionado” o ataque e condenar as condutas “irresponsábeis e provocadoras”, e as reaccións (sic) “desproporcionadas e contrarias” ao dereito internacional, repartindo así as culpas entre gregos e troianos (Público, 5-1-09).
http://www.publico.es/espana/politica/188378/zapatero/avisa/israel/camino/llevara/seguridad/pueblo
O que non sabemos é se o presidente considera agora desproporcionada tamén a venta a Israel de armamento feita pola industria española durante o seu mandato e o dos seus predecesores , incluídas as famosas bombas de acio, as de fragmentación, que tanto lle agradan aos dirixentes israelitas. Público, 10-1-09: “Israel foi durante o primeiro semestre de 2008, seis meses antes da invasión de Gaza, un bo cliente da industria de armamentos española. Así o recoñeceu o propio goberno de Zapatero no seu último informe sobre o control de comercio exterior en materia de defensa e de duplo uso”.
http://www.publico.es/internacional/189676/espana/vendio/armas/tel/aviv/seis/meses
Xa Aznar, fiel ao seu estilo, durante un Simposio en Punta del Este, Uruguai, ponderou:
EcoDiario, 8-1-09: “Israel é, sen dúbida, a nosa última esperanza. Israel é a cabeza de praia da civilización occidental no mundo musulmán, e é probabelmente a nosa primeira e última trincheira contra o terrorismo islámico”. Outro que colabora activamente co xenocidio dos invasores cometido sobre unha poboación xa esgotada polo cerco carcerario no que vive.
E así poderíamos proseguir nosa investigación, mais prefiro deixalo na man da xustiza. Que se aplique a lei, que se ilegalice ese grumo de organizacións colaboradoras do terrorismo sionista e se deteñan e xulguen aos implicados, eses que se negan a condenar o terrorismo da peor especie, o máis execrábel, o terrorismo de estado.
Descargar Tarifas