PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Tras pechar un acordo con Ucraína
O gas ruso regresa a Europa

Redacción .  Rusia e Ucraína asinaron un acordo para reiniciar o subministro de gas a unha conxelada Europa, tras case dúas semanas paralizado por unha disputa entre as dúas antigas repúblicas soviéticas.

Reloxo 19.01.2009 | 19:26
TAGS: Gas , Rusia , Ucraína ,

Instalación de gas Instalación de gas

Na cerimonia onde se rubricou o acordo, Vladimir Putin asegurou que Ucraína mercará gas ruso durante o 2009 cun desconto do 20 por cento, respecto aos prezos de mercado europeos.

Concretamente o documento, asinado polo conselleiro delegado do monopolio ruso Gazprom, Alexei Miller, e o da compañía estatal ucraína Naftogaz, Oleh Dubyna, especifica que Kiev pagará menos de 250 dólares por 1.000 metros cúbicos

A primeira ministra Ucraína, Yulia Tymoshenko, e o seu homólogo ruso, Valdimir Putin, aseguraron que o fluxo de gas volverá á normalidade en cuestión de días. Calcúlase que o combustíbel chegará a Europa nun prazo de 36 horas.

Fin do bloqueo

Moscova cortáralle o subministro ao seu veciño o pasado 1 de xaneiro, cando Kiev anunciou que non quería pagar un prezo máis elevado polo gas. Seis días despois, as exportacións a Europa, a través do territorio ucraíno, tamén cesaron, en medio das acusacións rusas de que o país veciño estaba “roubando” gas previsto para a exportación.

Pola súa banda, os dirixentes ucraínos, que se declararon inocentes, denunciaron a Moscova de tentar chantaxear aos seus clientes europeos coa parada do subministro.

Ucraína, que afronta a súa peor recesión nunha década, aseguraba non poder permitirse pagar prezos tan elevados, tendo en conta que os analistas prognosticaron un retroceso da economía dun cinco por cento este ano.

Ambos veciños acordaron tamén eliminar os intermediarios no comercio de gas. Os acordos anteriores complicáranse pola presenza dun intermediario con sede en Suíza, Rosukrenergo, unha escura sociedade conxunta entre Gazprom e dous empresarios ucraínos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río