Redacción . A década dunha emerxente cultura urbana, de eclosión da 'movida' a todos os niveis artísticos, o audiovisual galego colleu forza grazas a creadores como Xabier Villaverde, Manuel Abad, Antón Reixa e Ignacio Pardo.
Neste ciclo, "Videocreación galega nos anos oitenta" pódense visionar Veneno puro (Xavier Villaverde, 1984), Denantes (Manolo Abad, 1984), Viuda Gómez, (Xavier Villaverde, 1985), 25x24 (Antón Caeiro, 1985), Salvamento e socorrismo (Antón Reixa, 1985), Galicia Caníbal (Xavier Villaverde, 1987) e Teoría relativa (Xosé Bua, 1988). Os oitenta foron unha década de eclosión de novas linguaxes emerxentes: recorríase ao deseño gráfico, a moda, a música, e como non, o cine. Ante as dificultades de conseguir recursos para facer cine, os creadores desta década decantáronse polas posibilidades que lles ofrecía o vídeo, o que tamén lles permitía explotar ao máximo a súa creatividade. O ciclo corresponde á revisión que o "cineclub do audiovisual galego" está a realizar con gran éxito sobre os principais filmes e autores de referencia do cinema producido en Galiza. Flocos.TV é un proxecto que pretende aglutinar a comunidade virtual do audiovisual galego na rede. A Axencia Audiovisual Galega da Consellaría de Cultura e Deporte púxoo en marcha con vocación de ser a pantalla para a produción do audiovisual galego, en que convivan tanto a industria como os creadores individuais.
Veneno puro, de Xabier Villaverde
Descargar Tarifas