PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
FENDA DIXITAL NO RURAL
8.000 aldeas galegas aínda carecen de ADSL

Redacción .  A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxía da Información (Agestic) organiza 60 cursos para máis de 2.000 galegos sobre novas tecnoloxías.

Reloxo 15.01.2009 | 08:38
TAGS: INTERNET , RURAL , ADSL , AGESTIC , XÓVENES , RURAL ,

Imaxe dun 'spot' do PEBA Imaxe dun 'spot' do PEBA. Plan Avanza O sindicato Xóvenes Agricultores (XX.AA.) e a Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxía da Información (Agestic) desenvolverán 60 xornadas noutras localidades do rural da comunidade entre xaneiro e marzo para potenciar as novas tecnoloxías e a sociedade da información, así como demostrar as vantaxes que ofrece aos titulares de explotacións agroganaderas, cooperativas, pemes, negocios turísticos ou teletraballos. Na presentación do ciclo AGESTIC denunciu que 8.000 aldeas do país aínda non poden acceder a internet de alta velocidade.Así o explicaron onte o secretario xeral técnico de XX.AA., Juan Pérez Sánchez-Orozco, e o responsable de Agestic, José María López Bourio, quen destacou a importancia da iniciativa para os 234.000 autónomos rexistrados en Galicia.

A iniciativa, enmarcada no proxecto 'Impulso Rural', contará con ao redor de 2.000 e 2.500 participantes, cifra inferior aos preto de 3.500 do ano pasado porque, nesta edición realizouse un proceso selectivo co fin de orientar o curso a un perfil máis concreto de beneficiario.

López Bourio destacou os problemas de conexión a internet detectados na comunidade ao sinalar que o ADSL é "dez veces máis lento" no rural galego que na cidade. A este respecto denunciou que uns 8.000 núcleos de poboación "aínda" carecen de conectividade a internet.

Na mesma liña, Pérez Sánchez-Orozco criticou a "marxinación" do ámbito rural por parte do Ministerio de Industria, departamento ao que agradeceu a súa colaboración no proxecto 'Impulso Rural' malia recordarlle que "non se cumpriron os seus obxectivos" na comunidade galega. Por iso reprochou que se expropien terras do ámbito rural para facer autovías, instalar parques eólicos e redes eléctricas e, non obstante, os seus habitantes non gocen destas actuacións.

Así mesmo recordou os "graves problemas" que afectan á telefonía básica no rural polo que demandou que agricultores e gandeiros poidan realizar toda clase de trámites a través de internet, como os vinculados ás consellerías de Medio Rural e Medio, permisos de caza e pesca ou aproveitar os beneficios da banca electrónica.

Entre os coñecementos que impartirán os profesionais especializados de 'Impulso Rural' figuran o uso dos buscadores para buscar emprego ou teletraballo, así como das ferramentas de intercomunicación a través da Rede ou os sistemas de solicitude dunha cita médica ou a revisión da ITC, a declaración da renda, consulta do catastro, matrícula na universidade ou cursos on line.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río