PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
É a segunda e celebrarase o venres
A ONU convoca unha reunión para debater a crise en Gaza

Redacción .  O presidente da Asemblea Xeral da ONU, o nicaraguano Miguel D'Escoto, convocou esta noite unha reunión do órgano o vindeiro xoves para debater a situación en Gaza tras 18 días de ofensiva israelí.

Reloxo 14.01.2009 | 07:34
TAGS: onu , reunión , gaza , israel , palestina ,

Protestas en Gaza Protestas en Gaza D'Escoto tomou a decisión tras recibir unha solicitude do Movemento dos Países Non Aliñados (MNOAL) para que a Asemblea Xeral sume a súa voz á do Consello de Seguridade da ONU na esixencia dun cesamento do fogo en Gaza. Os Países Non Aliñados sinalan nunha declaración enviada ao presidente da Asemblea que "o organismo máis democrático e representativo de Nacións Unidas ten o deber de dar debida resposta ás preocupacións da comunidade internacional en relación á crise na Franxa de Gaza".

"O MNOAL condena nos termos máis enérxicos o aberto desprezo por parte de Israel da resolución 1.860 do Consello de Seguridade, adoptada o 8 de xaneiro de 2009, que esixe o inmediato cesamento do fogo", asegura a declaración. Considera ademais que a "brutal agresión israelí contra a poboación civil palestina na franxa de Gaza constitúe unha grave violación do dereito internacional, incluído o dereito humanitario e o relativo aos dereitos humanos".

Por iso, esixe a retirada das tropas israelís e a toma de medidas para responder ás necesidades humanitarias da poboación palestina tras 18 días de conflito. É a segunda ocasión en menos dunha semana en que o presidente da Asemblea Xeral convoca a unha reunión para debater a situación en Gaza.

A anterior, convocada con carácter de urxencia o pasado 8 de xaneiro, foi posposta por D'Escoto despois de que o Consello de Seguridade alcanzase un acordo para chamar a un cesamento inmediato das hostilidades.

A ofensiva lanzada o pasado 27 de decembro polo Exército hebreo contra o movemento islamita Hamás causou ao redor de 920 mortos e 4.100 feridos palestinos, segundo os responsábeis de sanidade palestinos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río