PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Esíxelles a Israel e a Hamas
Ban Ki Moon: 'Paren xa os combates'

Redacción .  O secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki Moon, instou esta noite a Israel e a Hamas a pór fin ás hostilidades, nunha comparecencia previa á súa viaxe á rexión, onde manterá encontros de alto nivel para mediar na consecución dun cesamento do fogo na Franxa de Gaza.

Reloxo 13.01.2009 | 07:27

Ban Ki-moon, secretario xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon, secretario xeral das Nacións Unidas. Mark Garten/UN PHOTO

Nunha mensaxe clara e directa na que pediu o fin da ofensiva que comezou o pasado 27 de decembro na Franxa de Gaza, Ban Ki Moon espetou, "a guerra debe finalizar". "Dígolles a ambas as partes que paren xa. Morreu demasiada xente. houbo moito sufrimento do pobo civil. Moitas persoas viven diariamente con medo a morrer. E en Gaza a sociedade estase destruíndo: as casas dos cidadáns, as infraestruturas, os centros médicos e as escolas", lamentou.

"O meu obxectivo é incrementar a acción diplomática conxunta e asegurar que a asistencia humanitaria urxente chega a aqueles que máis a necesitan", manifestou o máximo responsábel de Nacións Unidas nunha rolda de prensa. "Este é un tema que hai que tratar cos líderes mundiais, xa que levo desde o principio intentando resolver a crise. E esa é outra cousa que hai que ter presente", agregou.

Consello de Seguridade

O diplomático nomeou as condicións necesarias para que se cumpra a resolución do Consello de Seguridade, acordada a semana pasada e que pide o cesamento do fogo inmediato. Iso leva o fin das operacións militares en Gaza, o fin da ofensiva militar en Israel e do lanzamento de foguetes por parte de milicianos de Hamas. Ademais, débese facilitar a chegada de axuda internacional, acabar co contrabando de armas a Gaza, e reabrir os pasos fronteirizos.

Territorio ocupado

"Os civís inocentes, tanto do territorio ocupado como do sur de Israel non poden vivir no estado do medo ou baixo asedio. Hai que deixar paso á vida normal. Esa é a única forma de que se impoña a paz", agregou Ban no seu discurso. Máis de 900 palestinos morreron desde que comezou a ofensiva na zona e uns 4.000 resultaron feridos. Pola súa banda, trece israelís, dez deles soldados, morreron en ataques dos milicianos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río