PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Bombardea casas e edificios
Israel comeza a invadir a cidade de Gaza

Redacción .  Casas e edificios están a ser bombardeados co fin de mellorar os accesos. E é que Israel iniciou hoxe o camiño para invadir a cidade de Gaza mentres as cifras de mortos xa supera os 900.

Reloxo 12.01.2009 | 11:26
TAGS: israel , gaza , palestina , israelís , hamas ,

Impacto dun artefacto nun edificio de Gaza Impacto dun artefacto nun edificio de Gaza O exército israelí comezou a invadir a cidade de Gaza destruíndo casas e edificios ao seu paso. Os bombardeos da forza aérea de Israel impactan en casas do norte, o leste e o sur da franxa, moi perto do centro urbano, para intentar asegurar os accesos e evitar as forzas palestinas que se situaron nas entradas á localidade.

Mentres, os avións continúan lanzando mísiles e bombas de fósforo contra decenas de casas, dez das que xa se incendiaron. Estes bombardeos provocaron cinco mortos, incluídas dúas mulleres e un neno.

Segundo o reconto da axencia Maan, desde que comezou a ofensiva israelí na Franxa de Gaza, hai hoxe 17 días, morreron 895 palestinos e máis de 4.000 resultaron feridos. As baixas israelís suman 13. Onte morreron 60 palestinos, 17 persoas que resultaran feridas o sábado en varios bombardeos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río