PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Até o 4 de febreiro
Inaugúrase unha exposición de Celso Dourado en Lugo

Redacción .  Unha selección de 96 obras do artista lucense poderá verse no Museo Provincial de Lugo ao longo deste mes.

Reloxo 12.01.2009 | 10:47

Inauguración da mostra de Celso Dourado Inauguración da mostra de Celso Dourado A exposición foi inaugurada este venres, coa presenza do artista e o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga. Arredor do Debuxo caracterízase polo uso da liña en detrimento da cor, e o motivo das mans e das caras, unha constante en toda a súa produción artística, moi vinculada á estética surrealista. As experiencias e vivencias de Celso Dourado (Barreiros, 1960) determinan os contidos dos seus cadros: perdeu as dúas mans nun accidente fortuíto cando era tan só un neno, feito que o marcou psíquica, física e incluso artisticamente.

Para a elaboración dos debuxos e retratos, o artista lucense empregou o lapis, o bolígrafo e determinadas técnicas pirográficas. Dourado conta cun espazo de seu para expoñer as súas creacións, un local - vivenda, obradoiro e sala de exposicións- situado a carón da praia das Pasadas, en San Miguel de Reinante (Barreiros). Os xardíns, a madeira e a pedra fan do lugar un entorno ideal para tomar un primeiro contacto co surrealismo galego do século XXI. Os seus traballos como ilustrador e as súas primeiras obras, datadas a comezos dos 80, teñen cabida neste peculiar espazo creado polo artista lucense.

75 anos do Museo Provincial de Lugo
Este sábado 10 de xaneiro tiveron lugar os actos de clausura da celebración do 75 aniversario do Museo Provincial, coa participación do vicepresidente da Deputación, Antón Bao, do director xeral de patrimonio, Felipe Arias, e do deputado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, entre outras 300 persoas.

O Museo fora fundado o 10 de decembro de 1934 ás 16.00, e a esa mesma hora comezaron os actos, co descubrimento dunha placa a cargo do crego Nicandro Ares Vázquez, e unha visita guiada coa directora, Aurelia Balseiro, na que se puideron ver 75 fotografías do museo. Por último, a coral Solo Voces, ao final da xornada, interpretou o Himno Galego, e interviñeron as autoridades.

Ao longo de toda a xornada, amais, o grupo de teatro Achádego animou a xente, nas rúas da cidade, a visitar o Museo, que estivo aberto dende as 11.00 até as 20.00. Ás 12.30 pasouse un documental realizado no 84 sobre o Museo. Agora, amais da mostra fotográfica 75 Aniversario do Museo Provincial de Lugo, que permanece aberta no refectorio do museo, poderemos ver a mostra de Celso Dourado.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río