PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Ofensiva contra o pobo palestino
Os reservistas únense ao exército israelí en Gaza

Redacción .  Efectivos de reserva do exército israelí xa tomaron parte da ofensiva militar en Gaza. Segundo afirmou Israel, os reservistas participan xunto ás tropas regulares.

Reloxo 12.01.2009 | 08:52

Efectivos do exército de Israel Efectivos do exército de Israel Malia que os reservistas comezaron a participar na ofensiva, un portavoz das forzas de defensa israelís, Avi Benayhu, negou que a medida significase o inicio da seguinte fase da ofensiva, que xa cumpre 17 días este luns 12 de xaneiro.

Horas antes, o primeiro ministro israelí, Ehud Olmert, dicía que o seu país estaba perto de conseguir os seus obxectivos na campaña militar que leva a cabo na Franxa de Gaza, xa que as súas tropas penetraron no sur e no leste da cidade de Gaza.

Olmert apuntou que se necesitará máis paciencia, determinación e esforzo para conseguir as metas trazadas en Gaza e engadiu que a ofensiva continuará. A intención, segundo o funcionario, é facer que os civís israelís sentan seguridade e estabilidade a longo prazo.

Problemas na Sanidade

Os médicos noruegueses Matts Gilbert e Erik Fosse, que se atopan traballando na Franxa de Gaza, dixeron que os servizos de saúde están a piques de colapsar debido á incursión israelí.  

O servizo de electricidade é con frecuencia interrompido no hospital principal de Gaza, o que obrigou aos doutores a continuar coas súas intervencións cirúrxicas á luz de lanternas.

Mentres tanto, fontes médicas palestinas sinalaron que 38 persoas morreron no que vai do domingo e 879 no que vai da ofensiva israelí.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río