PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
BLOG JAVI VAZQUEZ
Javi
Vázquez
Emprendedor en TIC
O exemplo de 'Open for Questions' de Obama
Poderemos facerlles preguntas aos candidatos á Xunta?
Partindo da experiencia francesa, a 1 de TVE estreara en 2007 o programa 'Tengo una pregunta para usted', un fito de modernidade e nova fórmula de participación cidadá na democracia española, onde 100 cidadáns podían facerlle unha pregunta ao líder político invitado. A Obama formuláronlle máis de 76.000 preguntas na segunda rolda de "Open for Questions". Como é posíbel tal diferenza?
 12.01.2009 | 13:19

Anxo Quintana xogando cunha videoconsola Anxo Quintana xogando cunha videoconsola. AGN

Tras as miñas preguntas sobre a axenda desaparecida de Obama, fun incluído nas novidades do portal change.gov, e hai unhas semanas boteille un ollo á iniciativa Open for Questions.

Fiel á súa promesa de manter aberta a canle na Rede que o impulsou ao poder, Open for Questions apóiase na ferramenta Google Moderator para lles permitir aos usuarios formular preguntas, e tamén votar a favor ou en contra das que prefiren que sexan respostadas.

Así, temos miles de preguntas moderadas de forma transparente polos propios cidadáns, obtendo as máis votadas resposta pública en change.gov con referencias a declaracións e vídeos.

Non pretendo comparar Tengo una pregunta para usted con Open for Questions máis aló da súa diferente potencia e fórmula de xestión, porque os formatos son obviamente diferentes –TV vs internet– e ámbolos teñen o seu lugar e poderían ser ferramentas útiles. De feito, porque non replicar estas experiencias durante a campaña política galega?

Con seguridade teremos debates a reo entre os candidatos á Xunta de Galicia na TVG, pero: poderemos os cidadáns preguntarlles de forma directa sobre o seu programa electoral? Algún de vós gustaría destas iniciativas para as nosas eleccións?

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río