Redacción . Eduardo Estevez naceu en Bos Aires pero leva afincando na Coruña moitos anos. Despois de 'Só paxaros saíron desta boca' publica con Edicións Positivas o poemario 'Construcións'.
Construcións, de Eduardo Estévez.
Construcións, o último poemario de Eduardo Estévez, publicado por Edicións Positivas é un deses libros que dou que falar. Primeiro recibiu o premio de poesía González Garcés até que o xurado decidiu modificar o seu fallo tras a reclamacións do escritor Xavier Lama. Con premio ou sen el, Eduardo Estevez amosa o seu poemario como un libro de "relacións ou intento de relacións" entre as persoas. Quizais por iso, Construcións tivo un proceso de escrita a través da rede, buscando nos lectores un feedback que lle permitise ver os textos desde outros puntos de vista. ANT TV estivo con este galego nado en Bos Aires e amosounos as súas construcións.
Descargar Tarifas