PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Segundo 'The Times'
Israel podería estar a usar fósforo branco en Gaza

Redacción .  Israel puido ter utilizado fósforo branco nas súas operacións deste domingo na Franxa de Gaza, un material só legal cando se utiliza simplemente como cortina de fume pero que está prohibido polas Convencións de Xenebra nas zonas habitadas por civís.

Reloxo 05.01.2009 | 11:26

Explosións durante os ataques de Israel a Gaza Explosións durante os ataques de Israel a Gaza Segundo informa o diario inglés The Times, a artillería israelí esparexeu grandes masas de fume de fósforo branco para cubrir o avance das tropas de terra pola Franxa de Gaza. Estas explosións "producen unha enorme choiva de fume que cega o inimigo para que as nosas forzas poidan avanzar", declarou un experto.

As explosións de fósforo branco poden causarlles graves queimaduras ás persoas situadas no seu radio de alcance. Israel admitiu en 2006 que utilizara este armada durante a súa ofensiva en Líbano contra o movemento xiíta Hezbolá.

A Convención de Xenebra de 1980 estipula que o fósforo branco non pode ser utilizado como arma de guerra en zonas civís, aínda que o Dereito Internacional non prohibe especificamente o seu uso para crear cortinas de fume ou para iluminar as tropas.

No entanto, un experto militar do Exército británico, Charles Heyman, decláralle a The Times que o lanzamento de fósforo branco de forma deliberada contra zonas habitadas pode ser considerado un delito puníbel polo Tribunal Penal Internacional (TPI).

O Exército israelí negou onte á noite que utilice este arma. "Israel usa municións permitidas polo Dereito Internacional", declarou un portavoz do Exército, o capitán Ishai David.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río