PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Os galegos, un por un

César Lorenzo Gil

Reloxo 28.12.2008 | 02:51

Roberto: Tivo unha intervención fundamental na primeira parte. Moi seguro na súa primeira titularidade.

Aspas: Xogou todo o partido. Foi de máis a menos. No último tramo do partido perdeu un tanto a posición.

Rubén: Xogou na primeira metade. A grande nivel. Superior por alto e líder dos seus compañeiros de defensa en todo momento.

Adrián López: Bo partido do deportivista, sen complicacións no seu duelo cos dianteiros asiáticos.

Lago: Defendeu ben e incluso tentou lanzarse ao ataque.

Cabanas: Dos que xogaron de inicio e un pouquiño tras o descanso. Rápido no corte.

Borja: Con veteranía e influencia sobre os seus compañeiros.

Paulo Álvarez: Entrou con gran calidade tanto por banda dereita como pola esquerda. Un dos máis destacados do partido.

Xulio Álvarez: Se conseguise saír "con vida" da xogada individual no vértice da área que iniciou con gran mestria e acabou por mor dunha dura falta, estariamos falando do mellor gol da noite. Moi cómodo na posición de mediapunta polo centro.

Iago Falque: O debú do vigués foi algo escuro. Fóra un par de carreiras e desmarques, o xogador da Juventus non tivo a súa noite.

Nacho Novo: Simplemente espectacular. A pesar de vir de xogar 20 minutos co Rangers e de facer unha viaxe desde Escocia, o dianteiro foi o mellor do encontro, fixo dous golazos e espertou unha merecida ovación pechada de Riazor.

Diego López: Non puido facer nada no 3-2. Aínda que non estivo atinado nun par de saídas, deulle tranquilidade ao equipo nos minutos finais.

Noguerol: Veterano durmindo o partido cando facía falta. Soubo comandar a defensa en todo momento.

Capi: Tamén xogou con gran seguridade. O central do Cidade de Santiago estivo atento a todos os ataques iranianos.

Sito Castro: O seu labor foi algo escuro; non tivo moitas opcións de ataque.

Bergantiños: Xunto con Vila combinou a parella de mediocentros do futuro de Galiza. Resolveu con acerto todas as dificultades.

Vila: Por fin o porriñés xogou ao xeito con Galiza. Bo partido na faceta defensiva. Entendeuse ben con Trashorras e Dani Abalo.

Dani Abalo: A pesar de que os últimos 15 minutos xogounos coxeando e de que os adversarios non tiveron contemplacións con el, demostrou que é imparábel no un contra un e que mellora un mundo cando decide encarar na banda dereita.

Trashorras: Outro dos grandes do Galiza-Irán. Tras unha falta súa chegou a man que provocou o penalti do 3-1 e antes dera a asistencia para que Nacho Novo marcase o seu segundo tanto. Ten unha mestura de talento e visión de xogo moi escasa no fútbol actual.

Nano: Participou pouco no xogo e apenas tivo opcións de ataque.

Losada: Tocoulle o labor difícil de substituír a Novo. Celebrou con gran paixón o gol que marcou de penalti. Incomodou a defensa iraniana pero non encontrou opcións de disparo. 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río