Teclado de emerxencia para operar nos mercados.
Namentres, os países membros da OPEP, obrigados a recortar os seus orzamentos nacionais tras observar coma o petróleo baixaba 100 dólares por barril nuns poucos meses, acordaron un recorte histórico da produción para intentar incrementar os prezos e, con iso, a saúde das súas economías.
Nós temos a sorte de non ter petróleo. Sorte de non basear o benestar da nosa sociedade nun recurso finito cando existen alternativas viábeis para desenvolver un modelo sostíbel económica, ética e socialmente...
Se o “sangue” do modelo actual é o petróleo, a esencia da sociedade do coñecemento non é outra ca o software. E se queremos poder pertencer á OPEP do coñecemento, xogar un papel relevante no mundo globalizado, ese software non pode ser senón software libre.
Global por definición, sustentando na colaboración sobre coñecemento libre, xestionado por comunidades abertas onde os líderes o son en base aos seus méritos e achegas, accesíbel e sen máis barreiras de entrada ca a propia intelixencia, viábel economicamente...
O software libre, como padrón de referencia, é a resposta á busca dun modelo sostíbel alternativo ao actual. O software libre é o novo petróleo.
Descargar Tarifas