PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
Un repaso á súa historia
A banda deseñada en Galiza

Bocixa/ Raquel Rei Dende o traballo de Xaquín Marín nos 70 até a actualidade, a banda deseñada en Galiza encheu milleiros de páxinas de humor, de cor e de reivindicacións. ANT TV repasou, con Xermán Hermida, Hugo Covelo e Kike Benlloch, a historia do cómic galego.

Reloxo 24.12.2008 | 07:07

A banda deseñada en Galiza. Bocixa / Raquel Rey

Unha arte a medio camiño entre a plástica e a narrativa, cunha linguaxe que mesmo ten moito pouso cinematográfico (pola mestura de texto e imaxe, pola planificación e a secuencia dos cadriños...). A novena arte está a cobrar cada vez maior forza en Galiza. Xermán Hermida, da asociación BD Banda, achéganos á historia desta disciplina, e Hugo Covelo e Kike Benlloch, de Polaqia, axúdanos a repasar a actualidade.

Da reivindicación política e a parodia da sociedade opresiva dos 70, da man de Xaquín Marín, até hoxe, cando xa contamos cunha revista mensual de humor gráfico, Retranca, e outra de banda deseñada, Barsowia, moito choveu, pero as forzas seguen a ser as mesmas. Como afirma Hugo Covelo, moita responsabilidade deste 'boom' do cómic galego téñeno eventos que facilitaron o contacto e a unión entre creadores, creadoras e editoriais, e a creación de colectivos.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río