PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Pediulle a Europa maior colaboración en Afganistán
200.000 persoas no mitin de Obama en Berlín

Redacción .  Barack Obama tivo o seu primeiro gran baño de popularidade fóra das fronteiras estadounidenses. Os alemáns adórano e proba diso foi o mitin con perto de 200.000 persoas que deu na Columna da Vitoria de Berlín.

Reloxo 25.07.2008 | 12:45

Barack Obama a carón da Columna da Vitoria de Berlín Barack Obama a carón da Columna da Vitoria de Berlín. Jim Young/REUTERS

Máis de 200.000 persoas asistiron ao mitin que o candidato á presidencia dos EE UU polo Partido Demócrata, Barack Obama, deu en Berlín onte. A súa visita foi comparada á de John Kennedy na década do 1960, cando xa era presidente.

Obama pediulles aos europeos no seu discurso que se manteñan do lado dos estadounidenses no esforzo por estabilizar Afganistán e noutros "desafíos do noso tempo", caso do cambio climático e a proliferación da tecnoloxía nuclear.

O mitin pronunciouno Obama ao lado da Columna da Vitoria, un monumento do parque Tiergarten que comemora a vitoria de Prusia sobre Austria, Dinamarca e Francia no século XIX.

Para o candidato demócrata, Afganistán é prioritario hoxendía. "Temos que asegurarnos que a primeira misión da OTAN fóra de Europa acaba con éxito". O senador por Illinois pediu axuda. "Os norteamericanos non podemos facer isto sós".

As enquisas realizadas en Alemaña falan dun masivo apoio da poboación ao candidato demócrata, proba diso foi a grande afluencia de público. Moitos deles levaban globos e camisetas co lema da campaña de Obama: "Yes, we can (Si, podemos)"

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río