PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
O próximo sábado 27 de decembro
Arraianos presenta un libro e un DVD sobre a represión na raia

Redacción .  O claustro barroco do Mosteiro de Celanova acolle a presentación dunha nova edición do libro 'Represión, solidariedade e resistencia antifranquista na raia. Homenaxe aos mártires do Furriolo'.

Reloxo 19.12.2008 | 10:51

Portada de 'Represión, solidariedade e resistencia antifranquista na raia. Homenaxe aos mártires do Furriolo' Portada de 'Represión, solidariedade e resistencia antifranquista na raia. Homenaxe aos mártires do Furriolo' Ás 11.00 da mañá presentarase o volume, coeditado entre a asociación Arraianos e Alvarellos Editora. O acto contará coas intervencións de Xosé Luís Méndez Ferrín, que escribiu un artigo na publicación; Carlos Pereira, neto do Celso de Poulo, alcalde republicano de Gomesende asasinado polos fascistas en agosto do 36 no Alto do Furriolo; Xulio Medela, redactor e coordinador da sección de cinema e audiovisual da revista Arraianos; e Aser Álvarez, director da mesma e coordinador da obra.

A seguir, proxectarase o material audiovisual que acompaña a publicación: a videocreación Noutrora, da artista celanovesa Xudit Casas, e o documental Homenaxe a Elixio Rodríguez. O aviador arraiano, do vigués Afonso Fernández. Xa pola tarde, por volta das 19.00, presentarase tamén o documental San Salvador, de Patricia Nogueira, sobre os tempos en que o Mosteiro de Celanova serviu como prisión, coa presenza dalgúns dos seus protagonistas e colaboradores neste proxecto. Haberá música en directo, un debate posterior e servirase un viño galego ao remate do pase.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río