Manuel Vilas . O presidente da Xunta condenou o boicot á charla de Alberte Núñez Feixóo, líder do PPdeG, na Universidade de Santiago (USC). Emilio Pérez Touriño cualificou de 'condenábel e lamentábel' os incidentes na Facultade de Ciencias Sociais e Políticas.
Malia os sucesivos boicots aos políticos do PP na USC, Touriño defendeu que a institución siga a organizar “actos públicos e democráticos”. “A universidade debe seguir tendo sitio para o debate pero dentro das formas razonábeis”, argumentou o mandatario socialista na rolda de prensa tras o Consello da Xunta. ELGA é “unha entidade fantasma”, di AGIR Pola súa banda, dúas organizacións da esquerda independentista publicaron este xoves comunicados de apoio ao boicot. Así, o colectivo estudantil AGIR proclama que “estamos orgullosos e orgullosas de impedir o libre desenvolvemento de actos que, contra o que promocionan os medios do sistema, non son un exemplo do normal desenvolvemento dunha universidade”. AGIR asegura que o acto organizado por Estudantes Liberais de Galicia (ELGA) foi montado por “unha entidade estudantil fantasma e promovido realmente polo profesorado da dereita española na USC”. ISCA, ligada ao MpB, critica a instrumentalización da universidade Pola súa banda, Isca “apoia sen concesións” á decena de estudantes que participaron no boicot ao PPdeG. Esta organización acusa a Feixóo de provocar e á USC de servir como “altofalante ao servizo dos intereses ultras”. Isca é unha organización da mocidade, que dende abril deste ano está ligada ao Movemento pola Base, unha das correntes críticas dentro do Bloque Nacionalista Galego.
Boicot a Núñez Feixóo na Facultade de Ciencias Políticas da USC
Descargar Tarifas