Redacción . O traballo do xornalista Manuel Vilas, 'Nace a primeira falante artificial de galego', publicado en A Nosa Terra, recibiu unha mención especial na VI edición do Premio de Xornalismo Galicia Innovación.
O xurado destacou a calidade desta reportaxe e doutra publicada por Manuel Vilas na revista Tempos Novos, baixo o título “O futuro da televisión dende Conxo. Ambos os dous traballos recibiron a mención especial do xurado. O resto dos galardoados nesta VI edición do Premio de Xornalismo Galicia Innovación son Pilar Mera Rico, que acadou o máximo recoñecemento polo seu traballo “As bacterias non puideron co Prestige”, publicado no xornal La Opinión; e Manuel Vivente García, Marta Vila Taboada e César Martínez Pérez, por 'Nanotubos', emitido no programa da Radio Galega 'Efervesciencia'. A entrega dos premios, que convoca a Dirección Xeral de I+D+i da consellaría de Innovación e Industria, entregará os galardóns o vindeiro martes 16 de decembro na cafetería Cienfuegos da Coruña, a partir das 19.00 horas.
'Sonia' a falante artificial do artigo de Manuel Vila
Descargar Tarifas