PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
O periódico sae o martes día 9
Domingo Docampo presidirá Xornal de Galicia SA

Redacción .  A xunta de accionistas de Xornal de Galicia SA nomeou ao que foi reitor da Universidade de Vigo Domingo Docampo como presidente do consello de administración da sociedade, empresa editora do diario do mesmo nome, cuxa saída se producirá o próximo martes día 9 de decembro.

Reloxo 05.12.2008 | 18:53

Domingo Docampo Domingo Docampo

Xornal de Galicia pertence a Udramedios, filial do Grupo San José que integra as súas participacións en diversos medios de comunicación.

Ramón Barral será vicepresidente económico de Xornal de Galicia SA. Completan o consello de administración Xavier Martínez Cobas (conselleiro-delegado), José Piay, Miguel Barros, Fernando Filgueira, Manuel Gallego Jorreto, Victorino Núñez, Javier Rey e José Luís Gómez, quen será o director de Xornal de Galicia. A secretaria do consello é a letrada Paloma Vázquez.

O novo diario de información xeral abarcará toda Galicia, con especial atención ás súas grandes áreas metropolitanas. Con varias redaccións, un innovador sistema de edicións e unha marcada vocación galega, plural e independente, Xornal de Galicia ten entre os seus principios fundacionais a defensa dos intereses de Galicia.

O diario nace en versións impresa e dixital como un medio aberto ás distintas sensibilidades presentes na sociedade galega e apostará, desde un principio, por reforzar os valores asociados á liberdade de expresión e de pensamento, desde a máis absoluta independencia.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río