PUBLICIDADE
Martes, 13 de maio de 2008
Se Educación 'non cambia de rumbo'
190 equipos de Normalización Lingüística ameazan con demitir

Redacción .  Se a Consellaría de Educación 'non cambia de rumbo' respecto á aplicación do decreto que regula o uso do galego no ensino non universitario, 190 equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino galego presentarán a súa dimisión.

 08.05.2008 | 17:55

Desde a esquerda, Xoán Costa, Anxo Louzao e Carlos Callón no rexistro da Consellaría de Educación
Desde a esquerda, Xoán Costa, Anxo Louzao e Carlos Callón no rexistro da Consellaría de Educación
Cento noventa equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino galego están dispostos a presentar a súa dimisión se a Consellaría de Educación "non cambia de rumbo" para aplicar o decreto que regula o uso do galego no sistema educativo non universitario. Anxo Louzao, secretario xeral de CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, Xoán Costa, responsábel da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, e Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística veñen de anunciar a posíbel dimisión.

Louzao, Costa e Callón acudiron ao rexistro de Educación para entregar as reivindicacións e propostas asinadas polos coordinadores dos equipos de Normalización Lingüística. Tamén solicitaron unha reunión coa conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, á maior brevidade posíbel.

Peticións

No documento presentado os asinantes reclaman que Educación avalíe o cumprimento do decreto e que “faga un labor de promoción entre toda a comunidade educativa”, así como a elaboración dun “plano de formación dentro do horario lectivo que abranga todo o profesorado”.

Entre as peticións destaca a creación dunha Dirección ou Subdirección Xeral de Normalización Lingüística dentro do organigrama de educación. Tamén piden que a consellaría poña “á disposición dos equipos de Normalización Lingüística e dos centros educativos todos os recursos e materiais didácticos necesarios en galego para todas as áreas”. Por último, solicitan que “a inspección educativa teña como fin primordial a vixilancia do cumprimento do Decreto 124/2007”.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil