PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Á VENDA DESDE O 9 DE DECEMBRO
Pradolongo será o primeiro filme galego en Blu-Ray

Redacción .  O filme Pradolongo, dirixido por Ignacio Villar, será o primeiro rodado en galego en saír ao mercado en formato Blu-ray. Segundo informou a súa produtora, Vía Láctea Filmes, comezará a venderse o 9 de decembro en toda Galiza. Ademais do soporte de alta definición, tamén se venderá no xa tradicional DVD e en CD para a banda sonora.

Reloxo 01.12.2008 | 11:38

Pradolongo nos institutos

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

O Blu-ray permite incluír servizos adicionais, ademais da propia longametraxe. Así, ademais de incluír imaxe e son de alta definición, inclúe subtítulos en éuscaro, catalán, castelán, francés, inglés e portugués. De extras inclúe o vídeo musical do tema central da banda sonora, interpretado por Luís Emilio Batallán, ademais do spot publicitario, o tráiler comercial, a ficha técnica e artística e unha galería de fotografías.

Pradolongo estreouse nos cinemas o pasado mes de marzo. Rodado na comarca de Valdeorras, está protagonizado por Rubén Ríos, Tamara Canosa, Roberto Porto e Gonzalo Chao.

Entre os galardóns acadados, segundo recolle a Conselaría de Industria, está o Premio Cidade de San Sebastían Film Commision, o premio especial do Festival de Cine Internacional de Ourense e o premio Jerry Goldsmith á mellor banda sonora e ao mellor compositor novel.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río