Europa Press . O BNG lamenta a noticia da morte da galego-arxentina Dionisia López Amado, e súmase ao recordo do seu "impresionante legado de coherencia, dignidade e loita incansable".
López Amado morreu ás 19.00 horas do sábado en Bos Aires aos 80 anos, tras ser internada no hospital o pasado luns. Emigrara a Arxentina dende Cedeira (A Coruña) en 1952 co seu marido e co seu fillo de cinco meses, Antonio Díaz López, quen logo foi secuestrado aos 24 anos xunto coa súa noiva Stella Maris pola ditadura arxentina. Segundo sinalou o BNG, a partir da desaparición do seu fillo, Dionisia emprendeu unha "loita incesante" na busca del percorrendo comisarías, cuarteis e campos de internamento sen obter resposta, para implicarse posteriormente na loita das Nais de Praza de Maio. Dionisia López era coñecida como a "galega de zona norte" por residir no partido de Tigre, nos arredores de Bos Aires, onde era na actualidade o presidenta honoraria da Comisión pola Memoria, a Verdade e a Xustiza de Zona Norte. López Amado participou sempre en todas as causas onde foi reclamada e colaborou con entidades de defensa dos dereitos humanos. Del mesmo modo, tomou parte das actividades da colectividade galega e militaba na organización da diáspora do Bloque Nacionalista Galego.
Dionisa López Amado canda representante do BNG no exterior, Ana Miranda e Andrés Amado, do BNG de Betanzos
Así mesmo, a responsable da Comisión de Migración, Ana Miranda, recordouna como unha "muller de sorriso permanente e de carácter afable". "Marchou sen saber onde estaba o seu fillo, pero marchou sendo querida e sen desexar vinganza, porque, tal como ela afirmaba, non sabía nin quería odiar", asegurou.
Descargar Tarifas