A continuación, traduzo libremente dende o documento orixinal:
“A necesidade de garantir un xusto equilibrio entre os diferentes dereitos fundamentais, en particular a protección de datos persoais, a liberdade de expresión e de información e a protección da propiedade intelectual; e de buscar, no marco da aplicación do Dereito comunitario, solucións conformes aos principios xerais do Dereito comunitario, en particular ao principio de proporcionalidade”.
Non podía ser doutro modo, xa que o citado principio de proporcionalidade referencia unha sentencia do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas (pdf) en contra de Promusicae. Nela, négase a petición do último para acceder os datos persoais dos usuarios dunha ferramenta P2P de descarga de contidos, aducindo que o acceso a tales datos so sería posible no marco dunha “investigación criminal ou para a salvagarda da seguridade pública e a defensa nacional”.
Entón, ¿como vai o Goberno a por en orde a circulación de contidos na Internet?. Non pode, para elo, tería que acabar coa neutralidade da Rede e pasar por riba de dereitos fundamentais. Non falo xa da imposibilidade técnica... Porén, non queren entendelo e seguen a malgastar os nosos impostos en campañas "anti piratería", criminalizando á sociedade civil.
Prefiro destacar outro parágrafo das conclusións do citado Consello da UE:
“O desenvolvemento dunha oferta legal en liña diversificada, de calidade, accesible, sinxela de usar polos consumidores e atractiva, por unha banda, e a prevención e a loita contra a piratería, por outra, son ambas necesarios para o desenvolvemento da sociedade da información e as comunicacións e para o fomento da diversidade cultural no universo dixital”.
Se esqueceran as loitas absurdas contra a “piratería”, ou o que é o mesmo, a defensa da innecesaria industria da copia de CDs; e centraran os esforzos na oferta on-line diversificada, de calidade, sinxela de usar e atractiva, mellor nos iría a todos.
Descargar Tarifas