PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Tras a folga de onte no ensino
Sánchez Piñón: 'O decreto estase a aplicar sen incidencias'

Redacción .  A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, asegurou hoxe en Vigo que o decreto que regula o galego no ensino 'estase aplicando', contrariamente ao que afirman organizacións estudantís e xuvenís, que convocaron onte unha folga para pedir a 'plena' aplicación da medida.

Reloxo 27.11.2008 | 15:20

Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación. AGN En declaracións aos medios, efectuadas durante unha visita ao campus universitario de Vigo, onde se reuniu con representantes de grupos investigadores, Sánchez Piñón asegurou que a citada normativa aplícase "como calquera decreto aprobado polo Goberno" e non se detectou ningunha "incidencia" en canto á súa posta en práctica.

A Mocidade Pola Normalización Lingüística, apoiado por Galiza Nova e pola organización estudantil Comités, convocou unha folga que se celebrou onte nos centros de segundo ciclo de ESO, Bacharel e os ciclos formativos, baixo o lema 'Paremos as agresións contra ou galego'. Os convocantes cifraron o seguimento do paro no 80 por cento, mentres que Educación rebaixou o dato e cifrou o seguimento no 20 por cento.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río