Redacción . Os gañadores da última edición do concurso 'Nsaio no Camiño', o quinteto compostelán Son do Galpom, sacará en primavera o seu primeiro LP, da man da discográfica Falcatruada.
Som do Galpom en directo
Gael de Esteban (voz), Brais de Esteban (violín e coros), Xurxo García (guitarra clásica e eléctrica), Alejandro Castro (baixo e coros) e Aitor García (batería) son os compoñentes de Som do Galpom, unha banda que combina na súa música o funk, rap e o reggae.
Foi precisamente esa mestura no estilo a que lle valeu para chegar a final de Gzcrea do 2007, para acadar o primeiro posto do IV Concurso da Foundation Reggae Festival e para gañar en setembro de 2008 a segunda edición do certame musical Nsaio no Camiño.
En primavera, Som do Galpom gravará o seu primeiro LP, que editará Falcatruada.
Descargar Tarifas