PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Medidas contra a violencia machista
Pulseiras electrónicas para os maltratadores

Redacción .  O goberno español autorizou a implantación da pulseira electrónica como xeito de garantir o cumprimento das ordes de afastamento nos casos de violencia de xénero. Deste xeito, o Executivo pretende impulsar a loita contra os malos tratos a mulleres, tres anos despois de aprobárense a lei.

Reloxo 21.11.2008 | 15:16

Neste 2008 morreron 57 mulleres, vítimas da violencia machista Neste 2008 morreron 57 mulleres, vítimas da violencia machista

A vicepresidenta primeira e voceira do Goberno central, María Teresa Fernández de la Vega, lamentou que, malia as iniciativas postas en marcha nos últimos anos para combater esta lacra, persista a “lamentábel e dolorosa realidade” das mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas.

Segundo explicou na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, o Executivo estatal acordou redobrar o seu compromiso na loita contra a violencia machista que “sen dúbida é un dos principais obstáculos que se interpoñen no camiño da igualdade real entre homes e mulleres”.

Entre as medidas aprobadas está unha partida de cinco millóns de euros para a implantación de dispositivos electrónicos de detección de proximidade dos agresores, máis coñecidos como pulseiras electrónicas, que activarán todos os sistemas de alerta, a través de GPS, cando se incumpran as ordes de afastamento ordenadas polos xuíces.

Reinserción laboral

Unha segunda iniciativa do Goberno de Zapatero para aplicar a Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, é un programa de reinserción sociolaboral das vítimas que contará cunha partida de 10 millóns de euros.

No que vai de ano faleceron en España 57 mulleres a mans das súas parellas ou ex parellas, segundo datos do Instituto da Muller. Por esta mesma causa, no 2007 houbo 71 vítimas mortais.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río