No texto da citada PNL (páx. 4), co gallo da defensa da propiedade intelectual e a estabilidade da industria cultural, inclúese o seguinte:
“[...]El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a liderar, [...], una estrategia consensuada y eficaz que permita ordenar la circulación de contenidos en Internet [...]”
Por en orde a circulación de contidos na Internet... Ou o que é o mesmo, ¿acabar co principio de neutralidade da Rede?, ¿revisar os contidos enviados para poder polos en orde?, ¿autorizar gardas que xestionen o acceso a contidos e/o servizos?, ...
Non sei no que están pensando e por iso as interrogacións, pero cando no Parlamento de España se fala de por en orde Internet, poderíamos ter o antollo de traducilo por:
E todo isto aínda a costa do desenvolvemento da pretendida sociedade do coñecemento, e da vulneración de liberdades coma o secreto de comunicacións entre individuos...
Namentres, na (reaparecida e completada) axenda de Obama sobre tecnoloxía, fálase de asegurar o completo e libre intercambio de ideas a través dunha Internet aberta. A través de, por citar dúas:
Obama xa deixaba clara a súa postura sobre a neutralidade da Rede no ano 2006 no Senado... En España, os políticos enchen a boca coas TIC como fórmula máxica para saír da crise, pero nin usan nin entenden a tecnoloxía. Parécenme cegos que se fan os xordos mentres son guiados por lobos con pel de ovella...
¿Alguén do grupo parlamentario socialista na sala para explicar como pretenden desenvolver (se fora aprobada) a citada PNL?
Descargar Tarifas