PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
Golf
Xosé Manuel Timiraos, campión do II Torneo de Outono

Redacción .  Xosé Manuel Timiraos fíxose coa segunda edición do Torneo de Outono de Golf que se celebrou nas instalacións do balneario de Guitiriz, na que participaron xogadores de distintas categorías.

Reloxo 12.11.2008 | 12:42

No primeiro día de competición fixo a mellor volta o xogador local Xurxo Yáñez Torres, con 68 golpes, Manuel Serrano Sánchez e Xosé David Albor clasificáronse a tan só dous e tres golpes do líder, respectivamente.

Na segunda xornada, celebrada baixo condicións climáticas moi adversas, na que non faltaron a choiva e o frío, os participantes seguiron con gañas de xogo. Xosé Manuel Timiraos e Xurxo Torres empataron a número de golpes, 144 cadanseu. O empate resolveuse a favor de Timiraos, xogador do Club de Golf Campomar, por ter un mellor resultado na segunda xornada, proclamándose así campión do torneo de outono. A segunda praza foi para Xurxo Torres e a terceira para Manuel Serrano, ambos do equipo de golf de Guitiriz.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río