PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
Giana Gomes xa está na casa
Ugio Caamanho podería ter que cumprir ano e medio de prisión

Lara Rozados Joam Peres, de Ceivar, infórmanos da sentenza para Ugio Caamanho Sam-Tisso, acusado xunto a Giana Gomes Rodrigues de colocaren un artefacto explosivo nunha sede de Caixa Galicia en Compostela, o 23 de xullo do 2005. Giana xa pasou máis tempo na cadea do que lle pide a condena, e Ugio Caamanho podería ter que cumprir ano e medio, pero pensan recorrer.

Reloxo 11.11.2008 | 10:01

Giana Gomes no xulgado Giana Gomes no xulgado. Ceivar

"Os dous están condenados a tres anos de prisión por "danos terroristas con finalidade de subverter a orde constitucional", amais de inhabilitación absoluta por nove anos". Como autores dun delito de furto de uso de vehículo, impúxoselles unha multa de nove meses e un día cunha cota de 6 euros diarios.

A Ugio Caamanho engádeselle un delito de falsidade de documentos oficiais, polo que a pena aumenta 1 ano, 9 meses e un día de prisión, e unha multa de 6 meses e 1 día cunha cota de 6 euros diarios. Por outra banda, vánselles cobrar os custos de xuízo e unha idemnización a Caixa Galicia e a outros particulares. Así as cousas, Giana xa pasou no cárcere tres meses máis dos que lle impón a condena, e a Ugio Caamanho, condenado a un total de 4 anos e 9 meses de prisión, aínda lle quedaría ano e medio por diante.

"Con todo, imos falar coa avogada, porque seica cando tes a metade da condena cumprida podes pór un recurso no Tribunal Supremo para saír en liberdade", explica Joam Peres. Ugio Caamanho leva xa dous terzos da condena, e actualmente está na prisión de Valdemoro para ser trasladado de volta a Puerto de Santa María (Cádiz). O colectivo Ceivar segue a organizar mobilizacións e actividades de denuncia: tamén van presentar denuncia pola agresión que tería sofrido Giana Gómes a mans dun axente da Garda Civil, antes da segunda vista do xuízo. Segundo a denuncia Gomes foi lanzada contra unha parede e a consecuencia diso recibiu un forte golpe na cabeza.

Pero o día de hoxe, Giana xa está de volta na casa. "Ceibárona onte ás 21.00, e hoxe ás 8.00 fíxoselle un recibimento na Praia do Tombo do Gato, en Vigo, ao lado de Samil". Para esta tarde está previsto outro recibimento no local social A Revolta, tamén en Vigo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río