PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
enerxia e soberania en america
O Ecuador muda as regras de explotar o petróleo

Laudelino Pellitero O presidente Rafael Correa quere cambiar o modelo de relación entre o Estado e as grandes empresas de extracción de cru.

Reloxo 09.11.2008 | 07:31
TAGS: Petroleo , ecuador , correa ,

Rafael Correa, presidente do Ecuador Rafael Correa, presidente do Ecuador

Antes de que a compañía hispano arxentina Repsol-YPF fose convidada a saír, xa outras multinacionais escoitaran mensaxes da presidencia ecuatoriana como “A Banana República acabou” .

A raíz do contencioso radica na Lei 42 pola que Ecuador decidiu asumir a titularidade dos pozos  e  pola que as compañías pasan a ser prestadoras de servizos.

O último gran contencioso aconteceu cun veciño e irmán, o Brasil. En setembro, o presidente Rafael Correa ordenara a expulsión da Odebrecht por un litixio na construción da hidoeléctrica de San Francisco, que tivo que pechar aos poucos meses de entrar en funcionamento por problemas estruturais.Tamén suspendera outros contratos coa transnacional brasileira por importe de 650 millóns de dólares.

Pero o momento crítico aconteceu cando a Petrobras foi acusada de transferir  o 40 por cento das accións á xaponesa Teikoku Oil sen autorización do Estado,a mesma irregularidade que levara á suspensión do convenio coa estadounidense Occidental Petroleum (Oxy), ou de explotación irregular do campo de Palo Azul.

Estrada Atlántico-Pacífico

No cumio presidencial de Manaus pechouse a controversia con acordos que incluían a arbitraxe dunha consultora, ou a construción dunha estrada entre Manaus e Manta, que conectaría o Atlántico e o Pacífico a través dos portos destas cidades.

En outubro, por sorpresa, Correa acusou a Petrobrás e o Brasil de falta de seriedade. A resposta de Brasília foi inmediata. Lula elevou o conflito a  categoría de crise diplomática, ordenando a paralización dos acordos de cooperación subscritos.

No caso Repsol-YPF, que foi denunciada por diminuír arbitrariamente a produción de 63.000 a 50.000 barrís, por redución dos investimentos que só cubrían as tarefas de mantenemento, de cambios constantes de criterios, de interlocutores, de falta de seriedade ou de retractarse dos acordos de marzo, polos que o Ecuador se comprometeu a baixar ao 70 por cento a percepción dos lucros, a cambio dunha maior produción das compañías... Ecuador reclama 130 millóns de dólares por produción non declarada, e quere que Repsol cambie de estatus pasando de titular da explotación a prestadores de servizos.

A nova situación das petrolíferas é froito da democratización nunha dupla vertente: na dos mercados onde agora concorren novas compañias: chinesas, xaponesas e rusas. Ou na decisión política de permeabilizar os beneficios do petróleo para universalizar o desenvolvemento endóxeno. Petrobrás e Repsol xa pasaron polos mesmos calvarios en Venezuela no 2005 ou en Bolivia no 2006.

Máis teatro que cambio

As duras declaracións, os ultimatos, as ocupacións co exército, forman parte da sobreactuación da posta en escena para manter vivo internamente o espírito do proceso de cambio e o liderado presidencial. No fondo só hai diferenzas de cuantificación económica.

O Brasil xa atopou a saída correcta, anunciando un acordo o mesmo día que Ecuador rachaba coa petroleira hispano-arxentina. Para Repsol, o tempo, as poucas liñas de cooperación bilaterais ou a incompresión dos novos escenarios corre na súa contra. 

Laudelino Pellitero. Director do Instituto para a Proxección e a Análise Exterior (IPAEX) 

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río