PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
BLOG JAVI VAZQUEZ
Javi
Vázquez
Emprendedor en TIC
Adeus ao “Grazas polo voso voto, vémonos dentro de catro anos”
Internet, Obama e a democracia participativa
No anterior post sobre Obama e a Rede, afirmaba que foi a cidadanía conectada quen usou ao candidato demócrata, cuxo triunfo podería cambiar para sempre a política. Onte insistín na teima e apostei unha comida.
 01.11.2008 | 20:20

Promoción da web de Barack Obama Promoción da web de Barack Obama

Barack Obama abriu unha canle na Rede para captar fondos e mobilizar ao seu electorado. Onte atopeime cun antigo militante, desenganado dos partidos e da política, convencido de que esa canle será pechada en canto gañe as eleccións. Segundo dixo, non será máis que outro “grazas polo voso voto, vémonos dentro de catro anos”.

Eu, fiel á miña natureza de “apostador gastronómico”, xoguei unha comida polo nacemento dunha incipiente democracia participativa nos Estados Unidos.

Se perdo, penso voar a Washington a reclamarlla ao futurible Presidente yankie, porque ademais da miña propia convicción, están as súas verbas no anuncio emitido en horario de máxima audiencia fai uns días nos US:

I will listen to you when we disagree... and most importantly, I will open the doors of government and ask you to be involved in your own democracy again

(traducción libre ao galego: “Escotareivos cando non esteamos de acordo... e máis importante aínda, abrirei as portas do Goberno e vos pedirei que participedes de novo na vosa propia democracia”)

Para sintetizar a miña visión sobre o futuro da política nos US, recollo as observacións de Joshua-Michele Ross tras unha entrevista a un experto na materia en O'Reilly Radar:

"As comunidades políticas on-line dos Estados Unidos evolucionarán dende o seu rol de recadadores de fondos a un rol de (participación e opinión no) goberno."

Eu estou convencido e tamén esperanzado. Pola vosa banda, ¿alguén apostaría unha cervexa (virtual) nalgún sentido?

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río