PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
600.000 euros sen xustificar
O PP busca no Porto probas das irregularidades de Caballero

Europa Press Ignacio López Chaves e Nava Castro acoden ás oficinas da Autoridade Portuaria para reclamar documentación sobre a xestión do actual alcade de Vigo, que deixou máis de 600.000 euros en publicidade sen xustificar.

Reloxo 31.10.2008 | 14:18

Abel Caballero presentando o seu cartel electoral o 10 de maio de 2007, o mesmo día que anunciou a súa marcha da presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo Abel Caballero presentando o seu cartel electoral o 10 de maio de 2007, o mesmo día que anunciou a súa marcha da presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo. AGN

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

A Autoridade Portuaria de Vigo facilitaralle ao PP a documentación dos contratos realizados en colaboración coa Xunta, cando o alcalde vigués, Abel Caballero, era presidente deste organismo, segundo confirmaron os deputados populares Ignacio López Chaves e Nava Castro.

López Chaves recordou que, segundo as súas investigacións, o ex presidente do Porto e actual alcalde gastou, só en 2006 case un millón de euros en "promoción persoal" –catro veces máis da partida do ano anterior– e que hai gastos por 600.000 euros sen xustificar, mentres que non se lles facilitaron datos do ano 2007, ano en que gañou as eleccións municipais.

López Chaves, parlamentario autonómico, e Castro, deputada no Congreso, acudiron hoxe ás oficinas do Porto para reclamar esa documentación, alegando que, tras pedir esa información nas correspondentes cámaras, as respostas invitábanlles a que acudisen ás oficinas portuarias para conseguir eses contratos.

Contratacións opacas

Tras xestionar co Porto a súa petición, o organismo comprometeuse facilitarlles a documentación solicitada, relacionada cos contratos de persoas, supostamente vinculadas ao PSOE, que se converteron en traballadores portuarios durante os case dous anos que Abel Caballero presidiu a Autoridade Portuaria de Vigo.

No entanto, López Chaves recalcou que aínda non recibiron resposta as peticións do PP referidas aos gastos de publicidade durante ese período, nin os informes de contas da súa xestión.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río