PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Será enterrado no Barqueiro mañá ás 13.00
Falece o escritor Anxo Rei Ballesteros

Redacción .  Onte finaba en Vigo, logo dunha longa enfermidade, Anxo Rei Ballesteros (Boqueixón, 1952). Hai dúas semanas, un grupo de escritores vinculado á tertulia viguesa Café Voltaire fixéralle unha homenaxe.

Reloxo 30.10.2008 | 09:28

Anxo Rei Ballesteros Anxo Rei Ballesteros. X.C. Esquerda   1 / 5  Dereita  

"O individuo cando está só é cando ve máis a finitude, a morte. Se eu fose nos-outros, resucitaría, pero nesta sociedade de masas que tanto nos individualiza máis noto a morte, como ameaza, como problema. Unha labrega, a miña aboa por exemplo, tiña vínculos familiares moi extensos, e esta muller tiña ante a morte unha actitude arcaica, quizais historicamente superada, pero con moita máis serenidade que a do home moderno e desde logo que a miña. En Galiza había xente que se metía na cama a esperar a morte. A nosa relación como “homes posmodernos” coa morte é tan problemática e tabú como a nosa relación coa vida", dicía Anxo Rei Ballesteros nunha entrevista concedida a A Nosa Terra en 2005 (ver arquivo PDF adxunto).

Anxo A. Rei Ballesteros, nado en Codeso (Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952, é autor da primeira novela en galego editada en democracia: Dos anxos e dos mortos, publicada por Castrelos en 1977, aínda que comezara a escribila en 1969. Licenciado en Dereito pola USC, a súa traxectoria literaria comezara na súa mocidade colaborando coa revista Bonaval. No 77, amais de inaugurar a prosa galega no novo período, recibe o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela, continuación da primeira, titulada Loaira, acadou o Premio Losada Diéguez en 1993. Entre a súa obra narrativa ten tamén A sombra dos teus soños (1998), volume de seis contos, e outra novela, Non sei cando nos veremos (2005).

Tamén destaca a súa obra dramática: Xogos de damas foi estreada no 87 polo grupo Malbarate, e no 91 dirixiu unha versión d'A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro, premiado co Ramón Piñeir de Ensaio, Tempo e vinganza sobre o Hamlet de Shakespeare e o problema do tempo. Xunto con Carlos Fernández foi gañador do XXI Premio Ánxel Fole polo traballo de investigación titulado Urda e mundo. Un ensaio sobre Rof Codina. Anxo A. Rei Ballesteros será soterrado no cemiterio do Barqueiro o venres, 31 de outubro ás 13.00.

"Que pouca relación temos coa natureza, onde sucumbir e nacer é un xogo repetido, eterno, fermoso aínda que terríbel!", concluía o escritor de Boqueixón naquela conversa onde intervira nos Encontros de Mondariz da Fundación Casares, onde era habitual a súa presenza e intervención activa.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río