PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
Beatríz Legerén, Presidenta de EGANET
'Discrimínanos nos grandes proxectos públicos'

Manuel Vilas A patronal da internet galega denuncia que a maioría das empresas do país non poden aspirar aos grandes contratos públicos polo seu reducido tamaño e a falta de colaboración entre os empresarios. Con todo, Beatriz Legerén prevé que o sector siga a medrar este ano.

Reloxo 29.10.2008 | 07:00
TAGS: internet , EGANET , Pegsi , Legerén , TIC , ,

Beatriz Legerén, presidenta de EGANET, canda dous compañeiros da directiva da patronal TIC galega Beatriz Legerén, presidenta de EGANET, canda dous compañeiros da directiva da patronal TIC galega. P.F.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Nunha entrevista aseguraba que “o que máis necesitamos é que as administracións confíen nas empresas do país e non busquen fóra grandes consultoras”. Mellorou algo este problema?

Desgraciadamente esta é unha das maiores lacras á que nos enfrontamos. As capacidades que solicita a administración para desenvolver grandes proxectos seguen a discriminar a maior parte do empresariado das Tecnoloxías da Información (TIC) galego. Máis do 90 por cento das empresas galegas son microempresas, polo que as súas capacidades económicas e humanas son limitadas, pero isto non impide que o seu produto sexa de gran calidade.

Que outras limitacións lles impiden ás compañías do país acceder a eses grandes contratos?

Temos bo produto pero nula cooperación entre as pequenas empresas TIC galegas para poder acceder eses grandes proxectos. Esta “non cooperación”, está producida pola “non especialización”. Como estamos nun mercado tan global, onde todos facemos de todo, chegamos á multiplicación de desconfianza no lugar da unión de capacidades.

Acaban de estrear nova sede e de renovar a directiva de EGANET. Cales son os principais desafíos desta etapa?

Profesionalizarnos, reivindicarnos como “sector” e eliminar da fenda dixital. Precisamos que cada empresa se involucre na análise e na remodelación do modelo de negocio para destacar nun mercado global. Tamén necesitamos que a actual fenda dixital desapareza para que as posibilidades das nosas empresas non se vexan prexudicadas por unha situación de discriminación territorial, que é a que agora temos.

Necesítase máis formación entre os empresarios?

Cómpre formar os directivos para que constrúan unha empresa forte con capacidade de achegarse á internacionalización. Como xa dixen, precisamos que se nos visualice como sector que somos; dentro das TIC hai empresas de formación, de electrónica, de venda de equipos e tamén estamos os que desenvolvemos contidos, somos o corazón das TIC e como tal precisamos unha visión externa para que se nos recoñeza e se nos dea o valor que realmente temos.

E entre os traballadores?

O ensino necesita adaptar os plans de estudo ás necesidades reais das empresas, posto que estamos ante un sector no que se demandan uns perfís profesionais que non se atopan no mercado laboral.

Teñen problemas para atopar persoas moi especializadas e cualificadas? Cales son as especializacións nas que cre que hai déficit?

Estamos nun mercado en constante movemento e renovación, a programación que se está empregando ten unha “vida” moi curta e os plans de estudos non se mudan a mesma velocidade. É factíbel facer un pequeno módulo ao final para adaptar os coñecementos ás necesidades reais do momento. Que non teña que ser a empresa a que acabe de formar.

Tras a asemblea EGANET dixo que crise aínda non chegara á internet galega. Esperan que o sector siga a medrar no vindeiro ano ou temen unha recesión?

A crise afecta a todos pero neste sector temos unhas vantaxes. Internet elimina fronteiras e sitúanos nun mercado internacional. As novas tecnoloxías son transversais e calquera sector produtivo, calquera administración e calquera persoa precisa delas. Somos un sector que axuda a abaratar custos e a incrementar beneficios, esta é unha fortaleza que nos fai máis fortes nestes momentos, aínda que está a debilidade da demora nos pagos. Todos os indicadores son favorábeis a un incremento do sector para o vindeiro ano. Unha mostra é o incremento nas partidas económicas das administracións públicas.

Malia os programas lanzados pola Xunta a partir do PEGSI, Galicia segue á cola nos principais indicadores de uso de internet. Cal é a causa deste déficit?

A fenda dixital, os abusos de prezos por unha mala calidade de conexión e o descoñecemento das utilidades son algunhas das dificultades para cambiar estes indicadores. Temos a unha parte da sociedade que quere conectarse e non pode, a outra parte que ten que desembolsar demasiado para unha conexión e a outros que están desencantados porque o seu primeiro contacto foi frustrante. Todo isto xera unha idea xeral de que internet é caro e non serve para nada. Temos que conseguir eliminar a imaxe de “novas tecnoloxías igual a gasto” e mudalo por “novas tecnoloxías igual a investimento” .

Polémica con Google
'Usar o galego na web fainos destacar no mercado global'

Un dos seus socios, Manuel L. Pan de Abertal, acaba de publicar un artigo no que denuncia que Google prexudica as webs que empregan o galego, pois dálles prioridade aos sitios en castelán salvo que se teña configurado o sistema en galego. Até que punto isto constitúe un problema para acadar visibilidade na rede?

Non podemos esquecer que temos aberto o código de Google e que nos permite facer adaptacións e melloras para os nosos intereses, como é o caso do proxecto “Jujel”. A visibilidade na rede depende en grande medida de como teñas construída a web. Son moitas as empresas que consideran un gasto a contratación de profesionais de realizacións de web porque presupoñen que a súa realización é fácil e gratuíta a pouco que saibas algo de informática e que empregues algunha das múltiples plantillas que se ofrecen de xeito gratuíto pola rede. Este erro fai que as empresas publiquen un cartel no canto dunha web. É un grave problema porque o cliente queda insatisfeito e volvemos alimentar aquilo de que “non serve para nada”.

Pero hai un perigo real de que algunhas empresas abandonen versións en galego das súas webs por este motivo?

O idioma empregado polas empresas para confeccionar a súa web debe ser unha “ideoloxía de empresa” e non un factor condicionante. As empresas queren publicitar o seu negocio e que chegue a mensaxe a canta máis poboación mellor, pero empregar unha lingua ou outra é un factor diferenciador, un xeito de destacar nun mercado global. Cada quen terá que facer a súa valoración mais non considero que isto prexudique o emprego do galego.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río