PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Lembra que en castelán Feijoo é 'Habichuelo'
A campaña 'Chámate con xeito' rexistra 20.000 visitas

Redacción .  A campaña coa que a Universidade de Vigo insta os estudantes e a sociedade en xeral a galeguizar os apelidos está a gozar dunha boa acollida. En menos dunha semana, a páxina web da iniciativa conta xa con case 20.000 entradas.

Reloxo 20.10.2008 | 14:37

Captura da imaxe da web Captura da imaxe da web

Chámate con xeito espertou un grande interese entre os estudantes do campus vigués, que responderon coa súa participación á iniciativa da Universidade. Henrique Costas, responsábel de Normalización Lingüística da institución, asegura que a acollida entre a comunidade universitaria está a ser “magnífica”.

Ás case 20.000 visitas que rexistrou o portal da campaña en menos de sete días súmase o éxito do material que se repartiu entre os alumnos e alumnas. Periódicos, camisolas, mandís ou bolígrafos tinguiron o campus co lema da iniciativa e fixeron que os estudantes mesmo chegasen a facer colas para conseguir algún obxecto de merchandising. Estudantes doutras universidades están a pedir tamén material.

“Non insultamos nin violentamos”

A boa acollida de Chámate con xeito entre a comunidade universitaria contrasta coas críticas de certos sectores, entre elas do diario de extrema dereita Libertad Digital. Parte das críticas recibidas aluden os personaxes que ilustran os chamados “castrapeiros”. “Trátase dunha carnavalada como reclamo, pero realmente eses estamentos foron os responsábeis de que isto fose así”, sinala Costas.

“Simplemente queremos concienciar a xente de que ao igual que Sanjenjo non é correcto, Seijas e Feijóo tampouco o son en galego normativo”, engade. “O que estraña é que dende o 1983, habendo xa daquela a forma correcta dos apelidos en galego non se fixese ningunha campaña mediática até hoxe”.

Nin en galego correcto nin en castelán correcto

A campaña Chámate con xeito recompila numerosos exemplos de apelidos deturpados. “Oficialmente todos os topónimos galegos son Toxeiro ou Ameixeiras” pero hai quen se apelida “Tojeiro e Ameijeiras, cando en castelán serían algo así como Aliaguero e Ciruelos”, recolle.

“Iria Quintana Muíños deberíase regaleguizar o apelido (Quintá) e Ángeles Sotelo Feijoo tería que regaleguizar o nome completo (Anxos Soutelo Feixó ou Feixoo), porque está en forma híbrida (a forma castelá sería Ángeles Sotillo Habichuelo).

Para poder escribir a onomástica con corrección a campaña da Universidade de Vigo facilita a información necesaria, tramita informes oficiais da RAG ou do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo e inclúe informes destinados aos rexistros civís que é onde se tramitan estes expedientes. “Así, nun tempo moi breve, estas persoas deixarían de "llamarse con jeito" e pasarían a "chamarse con xeito": Carlos Oxea Lousada e Mariña Freixo Outeiro (porque en correcto castelán serían Carlos Eugenia Losada e Marina Fresno Cerro)”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río