PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
A prezos competitivos
A Xunta quere estabelecer en 2 megas a velocidade mínima da internet

Redacción .  O obxectivo da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información é que a velocidade mínima de acceso á internet en toda Galiza sexa de dous megas.

Reloxo 17.10.2008 | 12:42

Teclas de ordenador Teclas de ordenador

A titular do departamento de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, asegurou que a intención da Consellaría de Innovación é lograr esa velocidade de acceso mínima á rede "a prezos competitivos e sen diferenzas entre as zonas rurais e urbanas".

Ademais, recordou a dificultade de definir banda ancha, que non se especifica con claridade "até en leis". "As infraestruturas están ben, pero só teñen sentido se se usan", recordou a directora xeral, quen admitiu que o Programa Nacional de Extensión da Banda Ancha en Zonas Rurais e Illadas (PEBA), impulsado polo Ministerio de Industria "non deu os resultados esperados".

Helena Veiguela reivindicou as accións complementarias que está executando a Xunta, como os 14 proxectos sen fíos, dos que 11 están xa en servizo, e destacou que "en máis da metade dos municipios que levan a cabo son de moi difícil acceso, e aínda máis nas aldeas".

Galiza á cola do Estado

Pola súa banda, o popular Anxo Bernardo Tahoces, aínda que admitiu que o incremento da penetración da banda ancha en Galiza creceu no 2007 un 28,1 por cento, fronte ao 20 por cento de media no Estado, recordou que esta comunidade é a segunda, tras Estremadura, "con menos liñas conectadas a banda ancha por cada 100 habitantes, con 12,8, cando a media está en 17,7", segundo a Comisión Nacional do Mercado de Telecomunicacións.

Tahoces preguntouse se "a internet se resiste a Galiza ou é esta comunidade a que se lle resiste á rede"e lamentou que o Goberno central, a través do PEGA, estea "despregando unha tecnoloxía de saldo, que non permite o seu despregamento"."Galiza respecto da Sociedade da Información está nunha mala situación" e "a brecha dixital cada vez é maior e convérxe menos con España". Puxo como exemplos que é a comunidade "na que menos persoas teñen teléfono móbil, na que hai menos internautas e na que un maior número de persoas nunca usa un computador".

Na súa réplica, Helena Veiguela pediu ao deputado 'popular' "un acto de constrición", pois lle recordou que hai tres ano –cando o actual Goberno chegou á Xunta– "non había comunidade máis atrasada que Galiza" porque "o PP deixouna afundida e na miseria" e subliñou que "a penetración da rede creceu un 30,6 por cento" neste período.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río