M. V . Os traballadores do Servizo de Atención Telefónica do 112 manifestáronse esta mañá na Praza de Cervantes de Compostela. Denuncian a privatización do seu traballo no servizo de emerxencias da Xunta, pois están subcontratados a través da empresa MK Plan 21.
A plataforma de asalariados argumenta que ao traballar nun “servizo cidadán básico” de emerxencias teñen que prestar unha “adicación especial” na súa labor. Porén, os salarios son “moi baixos” e a Consellería de Presidencia, da que depende o 112, négase a revisar os seus contratos. Os traballadores tamén denuncian as “sucesivas promesas incumpridas por parte da nosa empresa e da Dirección Xeral de Protección Civil”. Por iso van continuar coas mobilización na busca “dun traballo digno e con dereitos”. En setembro os traballadores do Servizo de Emerxencias 112 Galicia entregaron 4.134 firmas no rexistro da Xunta para esixir que a Administración autonómica asuma a xestión desta actividade.
Protesta dos traballadores do 112 en Santiago.
Descargar Tarifas