PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
Campaña 'Chámate con xeito'
A galeguización dos nomes e apelidos na web

Redacción .  Esta campaña de normalización onomástica promovida pola Universidade de Vigo achega unha serie de recursos para saber máis sobre a antroponimia do país e proceder a cambiala no caso de que estea castelanizada.

Reloxo 16.10.2008 | 10:59

Captura de pantalla de 'Chámate con xeito' Captura de pantalla de 'Chámate con xeito'

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo quere suscitar unha reflexión acerca de como nos chamamos, de como fomos nomeados e de como deberían ser os nosos nomes en galego e en castelán, e propón unha busca da propia identidade onomástica. "Se oficialmente todos os topónimos galegos son Toxeiro ou Ameixeiras, por que os meus apelidos son Tojeiro e Ameijeiras, cando en castelán serían algo así como *Aliaguero e *Ciruelos".

Suxiren que a xente pare a reflexionar e escolla unha variante: "en correcto galego ou en correcto castelán, pero nunca en formas híbridas de ningunha lingua, formas híbridas que non son senón o estigma dunha asimilación non consumada". A campaña, 'Chámate con xeito', vai dirixida ás persoas que teñen o nome ou o apelido regaleguizábel: poñen como exemplo Iria Quintana Muíños, que debería galeguizar o apelido (Quintá), ou propóñenlle a Ángeles Sotelo Feijoo que opte polo galego (Anxos Soutelo Feixó ou Feixoo), ou unha forma castelá non deturpada (algo así como *Ángeles Sotillo Habichuelo).

Amais dun simulador de nomes e apelidos, a páxina, http://webs.uvigo.es/chamateconxeito, inclúe unha base de datos para consultarmos a orixe etimolóxica de varios nomes galegos, e recursos como textos lexislativos ou modelos de instancia para solicitarmos o cambio de nome e / ou apelidos. Tamén hai un enderezo de correo electrónico ao que podemos enviar consultas, un listado de ligazóns de interese sobre onomástica, e mesmo un apartado que nos permite enviarlle mensaxes ao teléfono móbil á xente, para lle suxerir que "se chame con xeito".

A través da páxina pódense conseguir tamén informes oficiais da RAG ou do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo nos que constae como deben ser os nosos nomes e apelidos en correcto galego, para que nos rexistros civís tramiten estes expedientes.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río